Categoría: Galeguismo
-

Unha Galicia no mundo, por Xulio Ríos
Cada 25 de xullo, o Día da Patria Galega convídanos a reflexionar sobre quen somos como comunidade política e sobre o rumbo que queremos imprimir ao noso país. Durante décadas, boa parte dese debate xirou arredor da identidade, da lingua, da cultura ou do autogoberno. Todas elas seguen sendo cuestións esenciais. Mais o século XXI…
-

O custo da irrelevancia, por Xulio Ríos
Existe unha idea moi estendida segundo a cal as políticas de acción exterior en materia cultural constitúen un luxo reservado para sociedades con abundantes recursos. En realidade, ocorre xusto o contrario. Canto menor é unha comunidade cultural, máis decisiva resulta a súa capacidade para proxectarse internacionalmente. A alternativa non é aforrar recursos senón asumir un proceso lento…
-

O europeísmo de Don Ramón, por Xulio Ríos
No cincuenta aniversario do pasamento de Ramón Otero Pedrayo (1888-1976), convén lembrar que unha das dimensións máis fondas do seu pensamento foi o seu decidido europeísmo. Este é un aspecto do pensamento de Otero que ás veces queda un pouco agochado tras outras facetas máis coñecidas (o xeógrafo, o novelista, o patriarca das Letras Galegas), cando…
-

De Don Ramón a Don Plácido, por Xulio Ríos
As relacións entre Ramón Otero Pedrayo e Plácido Castro constitúen unha das mostras máis expresivas da fonda cohesión humana e intelectual que caracterizou o galeguismo histórico. Mantida ao longo de varias décadas, sobreviviu ás distancias físicas, ás dificultades políticas e ás circunstancias persoais, conservando sempre un fondo de admiración mutua e de amizade sincera que…
-

Quince anos despois: a cultura galega fronte ao espello, por Xulio Ríos
Cando en 2011 se presentou a Reflexión Estratéxica sobre a cultura galega, o propósito era claro: ofrecer un diagnóstico e unha folla de ruta para orientar o desenvolvemento cultural do país nun contexto de profundas transformacións. Quince anos despois, a primeira pregunta non debería ser que parte daquel documento continúa vixente, senón algo moito máis…
