Etiqueta: galicia
-

Nós, ao noso?, por Xulio Ríos
O discurso institucional do presidente da Xunta de Galicia con motivo do 25 de Xullo transmite unha mensaxe de confianza nos avances acadados por Galicia ao abeiro do autogoberno. Esa valoración é compartible. A autonomía permitiu superar atrasos históricos, modernizar o país e dotarse de servizos públicos e institucións que hoxe forman parte do patrimonio…
-

SAIC en Ferrol: Galicia na nova xeografía industrial de China, por Xulio Ríos
A posible chegada de SAIC a Ferrolterra constitúe moito máis que un novo proxecto empresarial. Hai varios elementos que permiten distinguir o proxecto de SAIC de experiencias anteriores. Primeiro, a escala. A maior parte dos investimentos chineses en Galicia realizados ata agora foron adquisicións de empresas xa existentes, participacións en compañías concretas ou proxectos de…
-

O país que non somos, por Xulio Ríos
Os que tanto reivindicamos a nosa condición minhota temos moito de antropoloxía no cerne do noso achegamento a Portugal. Pero hai algo máis fondo que a simple proximidade xeográfica ou os intereses compartidos, esa sensación de normalidade cultural. É no Norte portugués onde moitos galegos perciben unha Galicia non escindida, non acomplexada, non obrigada a xustificarse permanentemente.…
-

(e IV) Diáspora: Crear estrutura, por Xulio Ríos
O discurso a propósito da diáspora debe complementarse con iniciativas estruturais que operen como aglutinantes e dinamizadores do seu potencial. Dos intentos, poucos casos teñen sido minimamente exitosos. En parte, pola instrumentación, tamén polo desprezo de establecer amplos consensos nestes eidos e, finalmente, por falta de constancia e a busca de resultados rápidos. Hoxe, no…
-

(III) Diáspora: Un ecosistema internacional propio, por Xulio Ríos
En primeiro lugar, unha diáspora numerosa e cohesionada funciona como comunidade ponte. Conecta realidades sociais, culturais e económicas diferentes, facilitando a circulación de ideas, contactos e oportunidades. Alí onde un corpo diplomático formal chega con lentitude e protocolos, a diáspora pode actuar con naturalidade, rapidez e unha capacidade de inserción que ningún plan oficial pode replicar. É…
